9 de abril de 2010


Bos días, dende hoxe nas entradas falaremos sobre algunhas profesións con futuro.


Enxeñaría ambiental. A crecente preocupación pola conservación do noso planeta fará que aumente a demanda de xente especializada en procesos que axuden a mellor e preservar o medio.





Robótica ou megatrónica. Dende a revolución industrial ata os nosos días, as máquinas foron desprazando o home no desempeño de certas funcións.Actualmente, cos avances tecnolóxicos, os robots con intelixencia artificial son unha realidade. Estas máquinas estarán xa non só desprazando aos humanos en certas actividades, senón que mesmo farán actividades que o home é incapaz de facer. Serán tan habituais os robots que se necesitará xente capaz de deseñalos, reparalos, programalos, darlles mantemento, etc.


0 comentarios:

Publicar un comentario